sábado, 14 de julio de 2012

DC aposta forte por Batman.

Portada do Detective Comics #13 por Jason Fabok
Fai uns días comentaba que Tony Daniel deixaba Detective Comics, pois ben, xa se coñece quenes serán  os seus substitutos. Trátase de John Layman como guionista, este autor pouco coñecido no mundo dos superheores  goza dun gran recoñecemento por parte da crítica grazas á súa serie Chew (serie coa que conseguiu varios premios Eisner e un premio Harvey). Aos lapis estará Jason Fabok debuxante máis coñecido no mundo do morcego ao ocuparse xa do Batman Annual #1. Nesta nova etapa, que comeza no número 13 de Detective Comics (correspondente ao mes de Outubro), Layman explorará o papel que xogan as organizacións criminais en Gotham, cousa que seguro se lle da ben grazas á súa experiencia na xa mencionada Chew, serie baseada na investigación policial.

Viñeta de The dark Knight #10
Ademais deste cambio en Detective Comics, outra das series do morcego sufrirá un cambio, esta serie é Batman: The Dark Knight, que contaba con Paul Jenkins aos guións ata que o deixou hai dous meses e os encargados pasaron a ser Joe Harris e Judd Winick amosando certa falta de cordinación. O novo encargado dos guións será Gregg Hurwitz que xa se encargara con éxito da serie Penguin: Pain and prejudice, tomará o control dos guións a partir do número 10 introducindonos nunha nova historia acerca de Jonathan Crane (alias Espantapaxaros) amosandonos o seu interior e as súas motivacións de maneira similar á empregada na mini anteriormente citada, onde nos amosaba o lado máis escuro e perturbador de Oswald Cobblepot.

Teaser para poñer os dentes ben largos
A serie que dende logo non vai necesitar un cambio de guionista ou debuxante é, sen dúbida, Batman, a cabeceira estrela do morcego e de toda a editorial DC cun éxito de ventas só superado polo evento marvelita do ano, Avengers vs X-Men. O que vai ocorrer nesta serie é algo que me entusiasma: o Joker, personaxe que só apareceu no novo mundo do morcego no nº1 de Detective Comics, volve e (palabras textuais do autor) "estará completamente desatado e será moi salvaxe"; Snyder apunta ademais (para poñernos os dentes ben largos) que o Joker é un dos seu villano  preferido dende sempre e que pretende neste arco facer a súa exploración pesoal do personaxe, sendo algo máis grande (incluso) que Akrham Asylum ou La Broma Asesina convertindose así na máis grande, malvada e sorprendente aventura do Joker xamais narrada.Este arco comezará no número 13, correspondente a Outubro e seguirá contando con Capullo para debuxala. Un último apunte sobre a noticia: alguén se lembra (ou lle soa) certa historia chamada "Unha morte na familia"? Sí, esa mesma na que Jason Todd, tamén coñecido como Robin, falecía; pois eu non digo nada pero... este tamén é o título do novo arco.






No hay comentarios:

Publicar un comentario