Do 5 ó 11 de agosto os aficionados ó cómic teñen unha cita na Coruña. Un ano máis (e van dezaseis) a cidade herculina acollerá o salón Viñetas desde o Atlántico.
Agora que xa sabedes as datas, botemos un ollo ó que nos ofrece para ver se facedes un oco nas vosas apertadas axendas.
No apartado dos invitados temos o listón moi alto, pois o ano pasado visitáronnos figuras como Frank Quitely ou R.M Guéra (o seu Scalped recomendareino debidamente en breves); este ano non quixeron quedarse atrás e apostaron forte polos autores nacionais. Poderemos ver a Jan e a Francisco Pérez Navarro, que presentaron este ano Otra vez el supergrupo, regreso dese grupo de superheroes liderados (ou tal vez non, «Quién es el líder?») por Superlopez. Teremos tamén a Enrique Fernández, nominado por Aurore ó Premio á Mellor obra de autor español de 2012 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, e que ademais conseguiu sacar adiante o seu proxecto Brigada mediante crowdfunding. Susanna Martín, autora da novela gráfica Sonrisas de Bombay, adaptación da novela homónima de Jaume Sanllorente na que fala do seu viaxe a Bombay e como fundou unha ONG do mesmo nome. Representando tamén ó cómic patrio estará Fausto Isorna, arquicoñecido en Galicia polo seu traballo en Golfiño ou como director de El patito editorial. Para pechar a lista de autores españois está Francesc Capdevila, alias Max, Premio Nacional de Cómic en 2007e creador de personaxes como Peter Pank.
Do país veciño, non, Portugal non; os veciños que nos quedan algo lonxe, si, de Francia, virán Baru, gañador do Gran Premio de Angoulême de 2010 a toda unha carreira e autor da recentemente editada Los años Sputnik, y Frank Le Gall, creador da aclamada saga de aventuras Théodore Poussin.
No canto das exposicións (ademais da exposición de orixinais) teremos unha sobre Superlopez con Antonio Martin como comisario e outra sobre a relación existente entre comic e mar, ubicada no Aquarium e con Toni Guiral como comisario.
Ui, case se me foi, falta un autor, un que fai uns debuxos moi chulos en Hawkeye si, teremos por Coruña ao gran David Ajá!
![]() |
Obras dos autores invitados a esta edición. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario