miércoles, 29 de agosto de 2012

Recomendacións de comics II: Daredevil de Mark Waid.

E digo Daredevil de Mark Waid, non Daredevil de Mark Waid e Paolo Rivera, digoo por dous motivos:
a) Aínda que Rivera é o debuxante na maior parte dos números, diversos artistas pasaron xa pola serie.
Portada por Paolo Rivera para o número 1.
b) Rivera fai un traballo extraordinario e ninguén pode negalo, pero o realmente marabilloso desta serie son os guións.

Ao longo dos anos, e dende que Frank Miller tomara o control dos guións aló polos anos 80, na cabeceira do home sen medo reproduciase unha e outra vez o mesmo patrón: etapas escuras, novela negra de man de autores como Bendis (con Maleev ao debuxo, un equipo extraordinario), Brubaker ou Diggle pero Waid decide volver ao Daredevil que sorrí, ao Daredevil que nos seus ratos sen máscara se chama Matt Murdock e que traballa como avogado nun prestixioso bufete xunto ao seu amigo Foggy Nelson.

Daredevil enfrontarase a inimigos estranos





 Waid presentanos a un Daredevil que quere volver a ser un heroe, que disfruta sendoo, que quere superar todas as desgracias do pasado,e que neste primeiro arco parece que o consegue. Waid rompe tamén os esquemas introducindo enemigos clásicos doutras series, como poden ser Kang ou certas organizacións criminais máis acostumadas a loitar contra S.H.I.E.L.D .

Nesta nova etapa non se olvidan os feitos pasados senon que influencian ao noso heroe: Na súa faceta de avogado verase obligado a cambiar a orientación do seu bufete debido ao feito de que os seus inimigos no estrado se aproveitaban do rumor de que el era Daredevil (digo rumor, porque como di Matt, non se demostrou); en cambio na súa faceta de heroe recibirá a visita dun colega que lle pedirá contas polos feitos acontecidos no súa máis recente aventura "Terra de sombras".

O sorriso é un elemento clave nesta etapa.
Polo tanto estamos ante unha superación total da etapa anterior (con novo romance á vista incluído), unha superación na que cada número se pode desfrutar perfectamente, sen sentirse nunha terrible necesidade de ler o seguinte para continuar coa historia, unha etapa feliz, a etapa na que Daredevil volveu sorrir.


Por se isto fose pouco remarco que Paolo Rivera é o perfecto debuxante para a serie, e nos números que el non debuxa o seu substituto non se queda atrás.

E se isto segue sendo pouco só temos que repasar os premios Eisner 2012:

-Mellor guionista: Mark Waid
-Mellor serie regular: Daredevil
-Mellor número individual: Daredevil #7

Por todo isto e moito máis recomendo encarecidamente a todo o mundo que lle dea unha oportunidade a este magnifico comic, editado en España por Panini.

1 comentario: