domingo, 5 de febrero de 2012

Before the watchmen

Hai uns meses comezaron a escoitarse rumores acerca de Watchmen 2, a segunda parte da aclamada obra de Alan Moore e Dave Gibbons, pois ben, xa é oficial, a editorial DC Comics a partir de este verán e, ó largo de 35 semanas, Before the Watchmen, que, como o propio nome indica serán historias dos membros deste equipo superheroico antes de formar o grupo dos vixiantes.
Before the Watchmen publicarase en forma de miniseries dos diferentes personaxes que incluirán dúas páxinas contando a historia da maldición do corsario carmesí, así mesmo, publicarase tamén un epílogo conxunto.
 As miniseries e os equipos creativos que se encargarán delas serán estes:
-      Rorschach (4 números) – Guionista: Brian Azzarello. Debuxante: Lee Bermejo
-      Minutemen (6
números) – Guionista/Debuxante: Darwyn Cooke
-      Comediante (6
números) – Guionista: Brian Azzarello. Debuxante: J.G. Jones
-      Dr. Manhattan (4
números) – Guionista: J. Michael Straczynski. Debuxante:  Adam Hughes
-      Búho (moucho) nocturno (4
números) – Guionista: J. Michael Straczynski. Debuxantes: Andy e Joe Kubert
-      Ozymandias (6
números ) – Guionista: Len Wein. Debuxante: Jae Lee
-      Espectro de seda (4 
números)– Guionista: Darwyn Cooke. Debuxante: Amanda Conner
Pero se hai algo "chistoso" en todo isto é que Alan Moore esté totalmente en desacordo con isto e Dave Gibbons o apoie.
Opinións dos autores orixinais aparte, a verdade é que o plantel de artistas é realmente impresionante, e antes de opinar (e cagarse en DC, como xa fixeron moitos fans da obra orixinal) deberíase esperar a ver o que sae de aí persoalmente, opino que Azzarello lle podería dar un enfoque interesante a Rorscharch.
E para rematar, deixovos coas portadas que xa se coñecen.

 

















 









































                                                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario