lunes, 27 de febrero de 2012

A noite dos mouchos.

Despois do relanzamento que a editorial norteamericana DC Comics levou a cabo hai uns meses (the new 52) as novas series foron sentando as bases dos seus arcos argumentais e dos seus personaxes, pois ben, xa se acabaron as individualidades coa noite dos mouchos comeza a era dos crossovers.

No seu xenial "Batman" o guionista Scott Snyder introduciu un novo elemento na mitoloxía dos morcegos, "O consello dos mouchos" este consello que vén metendo en problemas ó boiño de Bruce vaise estender como unha praga a o rest das series da familia do morcego.

 Todo comezou cando Snyder ofreceu ós escritores das demais series se querían usar aos mouchos na súas series, a resposta, vendo que Snyder estaba marcando o ritmo do mundo de Batman na súa serie (éxito de crítica e vendas) foi amplamente afrimativa quedando fóra do crossover só dúas series: Batwoman ( de J.H. Williams III e W. Haden Blackman) e Detective Comics ( de Tony S. Daniel) ata que a semana pasada Tony S. Daniel dixo que se sumaba ó carro. Polo tanto as historias narrados nos números 9 (e nalgún caso en mais) de Batman, Detective Comics, Batman: The Dark Knight ,Batman and Robin, Batgirl, Birds of Prey, Red Hood and the Outlaws, Nightwing, All-Star Western, Catwoman e no annual nº1 de Batman.

E como xa vai ser costume, unhas portadiñas ó final.

A mansión Wayne tinxese de vermello en Batman #9
Nightwing #9



Presentasenos un duelo desigual en Batman and Robin #9


Nin en All-Star western, sitúada en 1880 se libran dos mouchos.
Espectacular portada de Red Hood and the Outlaws#9



1 comentario:

  1. Sempre é agradable ler unha nova entrada da "Novena Dimensión", segue así!

    ResponderEliminar