lunes, 30 de abril de 2012

Que esta a pasar con Lobezno?

Fai xa uns anos, Jeph Loeb escribiu unha das historias mais controvertidas da historia do mutant das garras de adamantium, para empezar narrábase nesa apocalíptica data post-Día de M (resumindo moito: cambio temporal na que os mutantes domiñaban a terra e Magneto era o mandamais) na que só quedaban 198 mutantes, entre eles o odiado Dentes de Sable. Pois despois dun par de páxinas nas que Lobezno falaba dun soño que se repetía, entra na Escola para mutantes, onde estaba vivindo agora, e comeza a facer o que mellor sabe facer, e así comeza "Evolución".

Primeira aparición de Rómulo.
Poderían parecer uns números nos que sinxelamente Lobezno se pelexase con Dentes de Sable pero o señor Loeb foi mais alá e decidiu que esa brutal pelexa sería o transfondo do descubrimento da verdadeira natureza de Lobezno resultando ser un Lupino (que evolucionou pola rama dos cánidos en lugar dos primates) e do seu enemigo definitivo: Rómulo, personaxe que infuenciou a vida de Logan ata limites insospeitados e que pretendía convertelo no seu herdeiro (Rómulo pasou a ser unha lenda xa que non se amosou a súa cara ata o número 39 de Origins, varios anos despois de ser mencionado por primeira vez). Ademais descubríase que o soño do que falaba Logan ao principio do arco eran recordos implantados por Rómulo acerca da historia dos Lupinos.

Brutal final para Dentes de Sable

 Non estando contento con estas revelacións, que trastocaron o universo de Logan, Loeb foi un paso mais alá e fixo o que ninguén se esperaba: matar a Dentes de Sable... de forma definitiva xa que foi decapitado coa espada Muramasa ,cuxos cortes non poden ser rexenerados por factor cuarativo, e tómarono en serio Dentes de Sable segue morto, ben, ata agora; xa que o señor Loeb xa anunciou data para resucitar oficialmente a Victor Creed, no número 310 (Xullo nos USA)  retornará á trama xunto co debuxante de Evolución: Simone Bianchi e dedicarase a escarvar na historia de Creed e na súa resurreción (que segundo él, "a resposta esta en Evolución, non podo crer que ninguén se decatase, esta perfectamente explicado e demostrase que isto era o que tiña pensado facer dende o principio").
Portada do número 310, en Xullo á venda nos USA

Dudo moito que a noticia sexa do agrado da maioría dos fans, xa que Loeb é coñecido mais polas súas cagadas que polos seus éxitos, pero de todas maneiras había quen o botaba en falta e se ha alegrar. Ademais, vamos a concederlle o beneficio da duda a esperar a ver que fai e o mais importante, seguirá Bullen (actual guionista de Lobezno) ao cargo da serie tralo arco de Loeb, ou éste tratará de alongar a súa estadía un par de arcos mais?





No hay comentarios:

Publicar un comentario