Así é Tony Daniel, un home máis ben pouco querido polos fans, deixará a serie da que se estaba a encargar actualmente, Detective Comics, no número 0 (especial correspondente a Setembro no que só exercerá de debuxante) un ano despois de que esta dera comezo.
![]() |
Portada do Detective Comics #0, co que Daniel se despide da serie |
A noticia non sorprende e ,dende logo, non entristece aos seguidores das aventuras do morcego posto que Daniel fixo un traballo que se pode definir de calqueira maneira excepto de destacable. Mentres, o seu colega Scott Snyder segue a conseguir éxito tanto de crítica coma de ventas coa súa cabeceira Batman (cuxas ventas só son superadas polo evento Marvel do ano, Avengers vs X-Men)
Tras esta noticia presentansenos 2 noticias que esperemos teñan resposta en breve:
- A onde irá Tony despois de deixar Detective Comics? (lonxe, por favor) de momento, e segundo o propio artista comentou, anunciarase un novo proxecto en DC no que el traballará.
- Quen será o seu substituto? A resposta a esta pregunta é un gran interrogante e de momento nada se sabe, sexa quen sexa, esperemos que poida cargar co peso que unha cabeceira da importancia de Detective Comics conleva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario