domingo, 5 de febrero de 2012

Recomendacións de comics I: Blacksad

Bueno, pois que mellor maneira de empezar nun blogue sobre comic que incitando á xente a que se gaste os cartiños nun comic, ou non (que hai maneiras de lelos sen pagar), pero este comic, merece todos e cada un dos céntimos que custa.
Blacksad é un comic creado aló polo 2000 polos españois Juanjo Guarnido (como debuxante) e Juan Díaz Canales (como guionista), Blacksad situanos nos Estados Unidos da posguerra e contanos a historia de John Blacksad, un detective, pero iso non sería nda do outro mundo de non ser porque todosos personaxes son animais, dito todo isto poderíase pensar que é un comic de intriga para nenos pequenos, pero non é así, Blacksad é un comic detectivesco con mellores argumentos que o de moitas películas dese estilo.
En España Norma Editorial publicou as catro novelas de Blacksad (Blacksad, un lugar entre las sombras; Blacksad, Artic Nation; Blacksad, Alma Roja e Blacksad, el infierno, el silencio.) e un libro sobre o "como se fixo" do debuxo, que isa é outra, ademais dun guión excelente Blacksad ven acompañado polo debuxo de Juanjo Guarnido, unha auténtica marabilla que lle valeu un Eisner ao mellor pintor/artista multimedia (debuxo e color).
Como non quero destripar nada acerca da historia por se alguén se anima finalmente a lelo, só direi que no primeiro tomo (son autoconclusivos) John Blacksad terá que investigar a morte dunha ex-noiva e que a cousa se complica.
E se inda quedan dúbidas, vamos con probas, primeiro, algúns dos premios que Blacksad gañou:
- Blacksad, un lugar entre las sombras:
Premio á Mellor Obra Nacional e ó Autor Revelación no XIX Salón do Cómic de Barcelona.
Nominación á Obra Revelación no festival de Angouleme (o mais prestixioso de Europa)
- Blacksad, Artic Nation:
Premio Harvey 2005 á Mellor Novela Gráfica Orixinal.
- Blacksad, Alma Roja:
Premio á Mellor Serie no Salón do Cómic de Angouleme 2006 e premios á Mellor Obra e Mellor Debuxo no Salón do Cómic de Barcelona 2006.
E como a miña opinión non é moi experta, e os premios a veces enganan, ahí poño as opinións de mestres do cómic.


“Brillante demostración de arte e de realismo antropomórfico”
– Will Eisner

“Unha demostración de poder, debuxo brillante, non o perdades
– Neal Adams

“Guarnido consegue mais expresións de caras de animais que moitos debuxantes de caras humanas”
– Jim Steranko

“Juanjo Guarnido fai que o lector se olvide de que está usando animais na historia. Conseguiu unha credibilidade que sobrepasa a outros debuxantes cuxos personaxes son persoas. Un debuxante é un dotado contacontos, Guarnido é un dotado debuxante”
– Joe Kubert

“O debuxo é totalmente fantástico, a historia é como seguir o filme mais cautivador dirixido polo mellor director. Esta novela gráfica é todo o que debería ser e mais. Se me estou liando o que quero dicir é que Blacksad é do mellor”
– Stan Lee



Para rematar deixovos cunhas imaxes de Blacksad.



Guarnido (esquerda) e Canales (dereita)
Guarnido deixanos debuxos tan íncribles como este.
Pese a ser animais a expresividade é máxima.

As portadas dos títulos publicados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario