Before the Watchmen publicarase en forma de miniseries dos diferentes personaxes que incluirán dúas páxinas contando a historia da maldición do corsario carmesí, así mesmo, publicarase tamén un epílogo conxunto.
As miniseries e os equipos creativos que se encargarán delas serán estes:
- Rorschach (4 números) – Guionista: Brian Azzarello. Debuxante: Lee Bermejo
- Minutemen (6 números) – Guionista/Debuxante: Darwyn Cooke
- Comediante (6números) – Guionista: Brian Azzarello. Debuxante: J.G. Jones
- Dr. Manhattan (4 números) – Guionista: J. Michael Straczynski. Debuxante: Adam Hughes
- Búho (moucho) nocturno (4 números) – Guionista: J. Michael Straczynski. Debuxantes: Andy e Joe Kubert
- Ozymandias (6 números ) – Guionista: Len Wein. Debuxante: Jae Lee
- Espectro de seda (4 números)– Guionista: Darwyn Cooke. Debuxante: Amanda Conner
Pero se hai algo "chistoso" en todo isto é que Alan Moore esté totalmente en desacordo con isto e Dave Gibbons o apoie.
Opinións dos autores orixinais aparte, a verdade é que o plantel de artistas é realmente impresionante, e antes de opinar (e cagarse en DC, como xa fixeron moitos fans da obra orixinal) deberíase esperar a ver o que sae de aí persoalmente, opino que Azzarello lle podería dar un enfoque interesante a Rorscharch.
E para rematar, deixovos coas portadas que xa se coñecen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario