miércoles, 23 de enero de 2013

Recomendacións de comics III: Hawkeye de Matt Fraction e David Aja


Teño cabeceira propia por ser un badass
  Este ano, ui, pedazo despiste! O ano pasado, tivemos a oportunidade de presenciar como un proxecto con anos de traballo ó seu redor chegaba á gran pantalla; si, estou falando (de que senón?) da película dos Vengadores. Este proxecto non só tivo un grande éxito, senón que permitiu que certos personaxes pouco coñecidos da Casa das Ideas, como Hawkeye/Clint Barton/Ojo de Halcón se desen a coñecer cara ó grande público. 
Isto sóname...

  Neste caso, foi algo xenial xa que moita xente puido ver o que este elemento molaba, molaba tanto que tiña que ter cabeceira propia; e se alguén estaba marcado polo destino para narrar as aventuras deste home tan molón, non podían ser outros máis que Matt Fraction e David Aja, quenes xa obtiveran boas críticas polo seu traballo con outro personaxe pouco coñecido para o gran público e molón como el solo (Danny Rand/Iron Fist/Puño de Hierro).

  Que pasou cando metemos a estes tres homes na mesma cocteleira? Algo que se pode describir con moitas palabras, pero a maioría son sinónimos da que poño a continuación: XENIAL. Todos coñecemos a Hawkeye, o superheroe, pero que fai este home cando deixa de ser Hawkeye e pasa a ser Clint Barton? Con esas palabras (ou unhas moi parecidas que estou facendo memoria) nos introducen a este comic, e que é o que obtemos? Historias curtas, divertidas, frescas... molonas. Como non se vai render a crítica ós pes desta serie na que cun ou dous números o pasamos coma ananos, neste mundo cheo de sagas de 6 números no que se conta o que se pode contar en 4 ou incluso 3?

  

Marca de identidade
 A liberdade que se lles proporcionou a estes homes nótase, e para ben. Por un lado Fraction introduce auténticas cafradas (e cando digo cafradas quero dicir cafrada, véxase a figura 1) que Aja se encarga de debuxar facenso seu ó personaxe; porque Hawkeye pode ter moitos debuxantes, pero un Clint Barton sen Aja e sen Converse violetas? INTOLERABLE! E carallo se se nota o recambio nos números (acaba de entrar o meu compañeiro de piso, un tal @stoikov69, que seica aproba outra; parabéns rapaz! Por certo, é só en Thief of Thieves ou en tódolos comics de Image o papel dunha calidade superior [hehe, superior ;;)] ó de Marvel e DC? E despois deste momento totalmente aleatorio que me podo permitir debido ás moitisisimas visitas que ten este blogue seguimos)  4 e 5, bótase moito en falta ó rapaz ó cargo dos lapis.
Figura 1

  E nada máis, que o título xa o di todo "recomendacións de comics"; que esta serie está entre as 3 mellores de Marvel e entre as 5 mellores series de superheroes do momento sen dúbida algunha, un must have en toda regra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario