sábado, 29 de junio de 2013

Viñetas desde o Atlántico 2013 toma forma.

Do 5 ó 11 de agosto os aficionados ó cómic teñen unha cita na Coruña. Un ano máis (e van dezaseis) a cidade herculina acollerá o salón Viñetas desde o Atlántico.

Agora que xa sabedes as datas, botemos un ollo ó que nos ofrece para ver se facedes un oco nas vosas apertadas axendas.

No apartado dos invitados temos o listón moi alto, pois o ano pasado visitáronnos figuras como Frank Quitely ou R.M Guéra (o seu Scalped recomendareino debidamente en breves); este ano non quixeron quedarse atrás e apostaron forte polos autores nacionais. Poderemos ver a  Jan e a Francisco Pérez Navarro, que presentaron este ano Otra vez el supergrupo, regreso dese grupo de superheroes liderados (ou tal vez non, «Quién es el líder?») por Superlopez. Teremos tamén a Enrique Fernández, nominado por Aurore ó Premio á Mellor obra de autor español de 2012 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, e que ademais conseguiu sacar adiante o seu proxecto Brigada mediante crowdfunding. Susanna Martín, autora da novela gráfica Sonrisas de Bombay, adaptación da novela homónima de Jaume Sanllorente na que fala do seu viaxe a Bombay e como fundou unha ONG do mesmo nome. Representando tamén ó cómic patrio estará Fausto Isorna, arquicoñecido en Galicia polo seu traballo en Golfiño ou como director de El patito editorial. Para pechar a lista de autores españois está Francesc Capdevila, alias Max, Premio Nacional de Cómic en 2007e creador de personaxes como Peter Pank.

Do país veciño, non, Portugal non; os veciños que nos quedan algo lonxe, si, de Francia, virán Baru, gañador do Gran Premio de Angoulême de 2010 a toda unha carreira e autor da recentemente editada Los años Sputnik, y Frank Le Gall, creador da aclamada saga de aventuras Théodore Poussin.

No canto das exposicións (ademais da exposición de orixinais) teremos unha sobre Superlopez con Antonio Martin como comisario e outra sobre a relación existente entre comic e mar, ubicada no Aquarium e con Toni Guiral como comisario.

Ui, case se me foi, falta un autor, un que fai uns debuxos moi chulos en Hawkeye si, teremos por Coruña ao gran David Ajá!


Obras dos autores invitados a esta edición.



No hay comentarios:

Publicar un comentario